TELÉFONOS DE INTERESE

17 de diciembre de 2013

PREGUNTAS DO B.N.G. PARA O VINDEIRO PLENO






Víctor Caamaño Rivas, portavoz do grupo municipal do BNG de Cambados, solicita lle sexan respondidas, no próximo pleno, as seguintes preguntas relacionadas co Saco de Fefiñáns:



  • Respecto do saneamento do contorno do Saco:
1.- Que obras de saneamento teñen previsto realizar, durante o ano 2014, para eliminar vertidos que cheguen ao Saco de Fefiñáns? Que investimento suporán? Ditas obras, estarán
rematadas no 2014?


  • Respecto do funcionamento das comportas:
2.- No caso de que o  banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns siga a ser considerado como zona C; entrarían igualmente en funcionamento as comportas?
3.- Hai uns días que, desde o concello, se anunciaba que unha empresa se faría cargo da xestión das comportas do Saco polo que queremos saber: en que consistirá, concretamente, dita xestión? Quen pagará dita xestión? A xestión do funcionamento das comportas por parte da citada empresa, significaría que a Confraría xa non tería capacidade de decisión no funcionamento das comportas?


1 comentario:

Anónimo dijo...

acabo de leer as preguntas do próximo pleno do psoe e as do bng,e preguntome eu ¿non teran preguntas que facer sobre intereses das parroquias? porque oes ninguna por parte dos dous partidos,asta a oposicion nos ningunea,todo po centro de cambados,as parroquias somos os tercer mundo deste concello,non existen camiños sin limpar,parques infantis abandonados,marquesinas destrozadas,escOmbreras...etc etc !!!!SO EXISTIMOS PA PEDIRNOS O VOTO!!!!

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.