Esta mañán publicábamos o embargo que pesaba sobre Protección Civil de Cambados. Os membros desta agrupación postos en contacto connosco quixeron explicar as razóns polas que "debían" diñeiro de impostos a Portos de
Galicia polo aluguer dun dos almacéns cos que usan normalmente.
Todo ten
unha explicación. Segundo os responsables desta agrupación postos en
contacto con CORES DE CAMBADOS, Protección Civil cambiou de conta bancaria fai
apenas unhas semanas, Polo que se fixo difícil facer efectivo o pago dos impostos. A Xunta,
nas súas bases de datos aínda figuraba a anterior conta de aí a débeda. Desde a agrupación sinalan que a débeda xa está
abonada e que non existe ningún problema coas institucións públicas. E o erro xa está subsanado.
Dende CORES DE CAMBADOS agradeceras explicacións dadas por Protección Civíl de Cambados e desexarlles sorte e animalos a que sigan coa sua labor apesares dos atrancos que encontran no camiño.
http://cxusto.blogspot.com.es/2013/12/proteccion-civil-de-cambados-embargada.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.