Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
11 de diciembre de 2013
OS EMIGRANTES RETORNADOS VANSE FACER ESCOITAR EN MADRID
A Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés convoca aos afectados do Salnés (Comarca do Salnés, O Grobe-Vilalonga-Sanxenxo-Cambados-Vilanova de Arousa- Vilagarcía de Arousa-Catoira) a concentración que se vai a celebrar a nivel nacional en Madrid diante do Parlamento o vindeiro martes 17 de decembro.
A Plataforma de Emigrantes Retornados do
Salnés, Coordinadora Nacional
Galega de Emigrantes Retornados, convoca a
todolos afectados emigrantes galegos
retornados do Salnés con pensións do
estranxeiro están a recibir requerimentos da
Axencia Tributaria Española a unha
CONCENTRACIÓN NACIONAL, diante do
Parlamento de Galiza en Compostela, para
defendermos dende a rúa, o debate que se
producirá no Parlamento, a iniciativa do Grupo Parlamentario do BNG da
Proposición de Lei da Reforma da Lei 35/2006 do Imposto da Renda das
Persoas Físicas (IRPF), relativa á Tributación das pensións públicas percibidas
por persoas Emigrantes Retornadas.
Dada a grande importancia que ten
para eles a Modificación desta Lei
para todos e todas os afectad@s
terán que ser unha marea de
xente, para demostrarlle ao Goberno
Galego, á Facenda española e á
Sociedade as súas xustas
reivindicacións, a sua forza e determinación por defender a dignidade, a
honra e os cartos das pensións, que con tantos esforzos e sacrificios lles
custou conseguir, e que ademais son as que sustentan a miles de familias e
fogares galegos.
É de vital importancia, para os intereses desta Plataforma, que o martes, día
17 de decembro ás 15,30h nos concentremos diante das portas do
Parlamento o maior número de persoas posíbeis.
Sairá un autobus dende a comarca para ir a Santiago de Compostela. Prezo
do billete: 5 € por persoa.
Para inscribirse ou máis información
chamar ao tl.: 649467787 ou mandar
mensaxe privado ao facebook da Plat
Emigrantes Retornados Do Salnés.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.