Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de diciembre de 2013

OPERARIOS PARA CEAS PERO NON PARA AXUDAR AOS VECIÑOS





A Igrexa parroquial de San Miguel de Deiro quedou sen a imaxe da Virxe dos Dolores tras un incendio rexistrado esta fin de semana no templo. As lapas, que puideron ter a súa orixe nunha candea acesa ou nun curtocircuíto, tamén afectaron a un retablo. 

Os feligreses da Igrexa Parroquial de San Miguel de Deiro, en Vilanova, levaron un bo susto este sábado. A primeira hora da mañá unha intensa fumareda comezaba a saír do interior do templo mobilizando a veciños e servizos de emerxencia. Un dos primeiros alertados era o sancristán do templo, Manuel Viñas. Ó pouco de que iniciara o lume chegou ó recinto pero non puido entrar polo mesto do fume que se acumulou. A orixe dese lume aínda non está claro. Barállase que puidera ser unha candea que quedou prendida ou un curtocircuíto. As lapas afectaron a varias imaxes e un retablo de gran valor que agora terán que ser recuperadas por unha empresa especializada. Á falta de coñecer o montante ó que ascendería a reparación, Manuel Viñas xa fala da creación dunha comisión de veciños para poder colleitar entre todos os cartos suficientes.

Sen embargo veciños da parroquia botaron en falta a
 axuda do concello de Vilanova no momento de limpar e retirar todo o que as lapas queimaron. Bótanlle en cara a Gonzalo Durán que aparecese para sacar a foto pero non proporcionase máis que un camión con auga para que os veciños limpasen, e que os operarios estivesen a preparar o pavillón dos deportes para a comilona privada do sábado.

Tamén teñen verbas críticas para o Arcebispado, pois en principio non vai a aportar carto algún para os arranxos necesarios.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.