TELÉFONOS DE INTERESE

10 de diciembre de 2013

"O CREBANOCES" EN CAMBADOS E VILAGARCÍA




O conto navideño de Hoffmann, O Crebanoces ven nestas datas a Cambados cunha representación adaptada ao público infantil.
A actriz Larraitz Urruzola e varios monicreques escenificarán a popular historia do Crebanoces o vindeiro domingo, 15 de decembro, cunha sesión que se celebrará a partir das 18hrs da tarde no Auditorio Municipal "A Xuventude". A música composta por Tchaikovsky para este conto tamén soará na representación. O sábado 14 a actuación será as 12 do mediodía na sala de conferencias do Auditorio de Vilagarcía.
Esta versión do conto de Hoffmann está dirixida a público familiar, de maneira que o goce será maior na medida en que acudan os nenos cos seus pais. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara o público.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.