Galicia vive hoxe a segunda xornada da folga de 48 horas na sanidade pública en contra da privatización, dos recortes e do copagamento. Para esta tarde hai previstas manifestacións nunha ducia de cidades en defensa dunha sanidade pública, universal e gratuíta.
Os sindicatos convocantes -que chaman os cidadáns a sumarse ás mobilizacións- falan dun éxito rotundo do paro na primeira xornada: sitíuan o seguimento medio no 80 por cento. A Xunta, que nega a privatización, rebaixa a cifra ao 25 por cento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.