Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de diciembre de 2013

DOUS PEQUENOS TREMORES DEIXANSE SENTIR EN GRAN PARTE DE GALICIA OCCIDENTAL





O Servizo de Información sísmica do Instituto Xeográfico Nacional confirmou dous pequenos tremores que se puideron sentir en distintos puntos da provincia de Pontevedra.

O primeiro rexistrouse ás 15:03 horas deste domingo tivo unha magnitude de 1,6 na escala Richter e tivo o seu epicentro en Porto do Son pero púidose sentir en varias localidades da ría de Arousa. A Illa, Cambados, Vilagarcía ou O Grove por exemplo sentiron en maior ou menor medida estes tremores.
O segundo terremoto tivo lugar ás 19:57 horas e localizouse en A Lagoa (Campolameiro). A súa magnitude foi de 3,5 segundo informa o Instituto Xeográfico nacional,dependente do Ministerio de Fomento.
O epicentro do sismo situouse a unha profundidade de 22 quilómetros.
Segundo os datos oficiais, este terremoto foi sentido amplamente na zona epicentral e en Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.