A iniciativa, a pesar de “deixar aberto” un camiño para o diálogo sobre as medidas máis acaídas para poñer en marcha esta iniciativa “pero está claro que non están pola labor” reprochou aos populares.
O pasado mes de agosto entrou en vigor a nova Lei de Vivenda de Galicia, que “como pronosticáramos” non aportou ningunha solución real para o problema da vivenda, agravado pola falla de dotacións orzamentarias e pola “inexistencia dunha política de vivenda por parte do actual Goberno galego”, afirmou Sánchez Bugallo. A dedicación do 0,2% do Orzamento maniféstase “notoriamente insuficiente”.
O PP, explicou Bugallo, “non entende” que a vivenda é un “problema social de primeira magnitude”. Os populares acusa o parlamentario do PSdeG, non contemplan nos orzamentos ningunha medida para mobilizar este parque de inmobles baleiros.
Segundo o INE, que ven de facer públicos os datos de 2001 a 2011, Galicia ten o maior parque de vivendas valeiras en España, case 300.000, un 18,6% do total. Ourense e Lugo figuran á cabeza das provincias, A Coruña é a cuarta. Ademais oito concellos galegos están entre os primeiros 30 con máis de 20.000 habitantes.
O deputado socialista cualifica estas cifras de “escandalosas”, aínda salvando as particularidades do país como o abandono do rural e no interior e un parque de vivendas propiedade de emigrantes. Sobre todo si as cifras se poñen en relación coas familias sen vivenda ou vivindo en condicións de infravivenda, ou cos 3.511 desafiuzamentos do 2012 e aos 5.300 que estaban previstos no primeiro trimestre de 2013.
Unha situación “incomprensible e moral e politicamente inaceptable para os representantes dos cidadáns”, aseverou o deputado socialista.
O parlamentario desvincula a cor política da acción de “diferentes gobernos” encamiñadas a gravar ou penalizar os inmobles baleiros para procurar a súa saída ao mercado inmobiliario. Salienta o avance da Lei de Vivenda andaluza, que entrou en vigor recentemente, na que se introduce un procedemento sancionador ás vivendas propiedade de persoas xurídicas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.