TELÉFONOS DE INTERESE

13 de noviembre de 2013

NOTA DE PRENSA DO B.N.G. SERVIZOS EXTERNOS NO CONCELLO DE CAMBADOS





Cartos públicos, negocios PPrivados
No pasado pleno, o PP respondeulle a medias ao BNG (como case sempre), unhas preguntas realizadas o 25 de outubro, nas que nos interesabamos por que, unha vez máis, o alcalde externalizaba servizos en contra do criterio da Intervención municipal.
A Interventora leva anos queixándose deste xeito de proceder tan característico do PP, pois afirma que se está a incumprir a normativa que di (textualmente) que: “ ao existir funcionarios adscritos ó departamento de urbanismo do concello (Arquitecto e Arquitecto Técnico) deberían constar as razóns polas que se procede a externalizar o servizo”. Evidentemente, non se entende que dispoñendo de persoal destas características no concello (actualmente cóntase cun Arquitecto e un Arquitecto Técnico) porque se contrata a un técnico de fora. Isto, concretamente, é o que ocorreu tanto coa obra de “Reparación e Restauración da cuberta do pazo de Torrado para a mellora da eficiencia enerxética”, realizada polo Arquitecto Julio De Miguel Castro, como pola “Adecuación da Praza de Abraldes e a Rúa Rianxeira (Fefiñáns)”, que foi realizada polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Evaristo Juncal Froján.
O máis gracioso do asunto é a resposta que da Luís Aragunde ás nosas preguntas, pois no caso do Pazo de Torrado esquécese de responder (por suposto, mal intencionadamente). A resposta ao segundo caso é moi curiosa, pois a obra foi encargada a un Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos (concretamente, Evaristo Juncal Froján) e a resposta, do alcalde, consistiu en afirmar que o concello non tiña un técnico destas características para facela; é certo que non temos enxeñeiro. O curioso do caso é por que se lle encarga a un enxeñeiro o traballo dun arquitecto (o concello conta con dous). Semella que a resposta a esta pregunta facilitouna, esta semana, un coñecido “blog” de Cambados que nos descobre que o señor enxeñeiro das obras da praza de Abraldes e fillo dun cargo do PP (agora xa o entendemos!). Estamos a ver por todo o territorio do Estado como o PP enriquece aos seus cos recursos públicos e, Cambados, non é unha excepción a este xeito de actuar. O PP de Cambados segue o guión marcado polo seu partido; guión que consiste en enriquecer aos deles cos impostos que pagamos todos/as os cidadáns.


Foto "A ti meu Cambados"





En fin, unha burla á intelixencia, unha continua burla aos cidadáns que deben facer que o PP pague nas urnas os seus continuos abusos ao sistema democrático.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.