Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de noviembre de 2013

O PARO SEGUE CRECENDO DENDE QUE FEIJÓO E PRESIDENTE A PESAR DAS PROMESAS






O número de desempregados/as chegou en outubro aos 268.225, un 2,87% máis que no mes anterior e un 0,15% máis que no mesmo mes de 2012


Galiza rematou o mes de outubro con 268.225 persoas rexistradas nas oficinas públicas de emprego, o que supón un 59,2% máis de paro que ao inicio da crise económica en 2008. O número de desempregados/as medrou un 0,15% máis que en outubro de 2012 e un 2,87% con respecto a setembro, o que se traduce en 7492 novos parados/as neste mes.
O ciclo continúa e tras iniciarse un incremento do desemprego en setembro a situación agudízase en outubro. O peor dato é o da evolución interanual, que continúa sumando mes a mes e xa temos un 59,2% máis de desempregados en Galiza que no ano 2008, cando a crise comezou a afectar o emprego no noso país. Pola contra, a evolución interanual si experimentou unha evolución positiva a nivel estatal, xa que o desemprego descendeu un 0,46%.

O sector máis prexudicado polo medre do desemprego foi o de Servizos, onde se incrementou un 3,87% (2,31% na media estatal); tamén medrou na Industria, cun 1,63%. No único sector onde baixou o número de parados/as foi na Construción, cun 0,74% (un 1,55% na media do Estado), pero non foi suficiente para compensar a caída no resto.


A provincia de Pontevedra foi novamente a máis afectada polo desemprego, cun medre do 4,14%, o que significa que máis do 50% dos novos desempregados/as deste mes son nesta provincia, maioritariamente no sector Servizos, pero tamén na Industria.

De igual xeito, o aumento do paro vén acompañado do medre na contratación; no mes de outubro rexistráronse 73.423 novos contratos nas oficinas do SEPE en Galiza, dos que tan só o 7,6% foron baixo algunha modalidade de contratación indefinida, o que dá unha idea clara de como a precariedade do emprego vai parella ao incremento do paro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.