Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de noviembre de 2013

O NOSO REGALO A LOUZÁN NO SEU ANIVERSARIO






A biografía de Rafael Louzán "Rabiso" na web da Deputación deixa moito que desexar. Os estudos feitos por "Rafaelito" non se poñen non vaia a ser que non sexan os que deberían ser para a xente da dereita rancia.
En fin moi escueta e nada persoal, moi política.
Rafael Louzán Abal nace o 21 de novembro de 1967 en Ribadumia (Pontevedra).                                                                             Funcionario do Concello de Ribadumia, compaxinou este labor coa súa actividade empresarial.                                                                          En 1995 entra a formar parte da candidatura do Partido Popular ás eleccións municipais e, tras obter esta formación a maioría absoluta, é nomeado tenente de alcalde do Concello de Ribadumia.Todo isto a sombra de Nené Barral o seu padriño político e contrabandista condenado.
Ese mesmo ano toma posesión como deputado provincial en representación da Comarca do Salnés e, un ano máis tarde, en 1996, é nomeado vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra.
En 1998 desígnano secretario de Organización do PP Provincial en Pontevedra e dous anos máis tarde, en 2000, gaña o XII Congreso Provincial do PP de Pontevedra, accedendo así á presidencia do partido. Entra a formar parte do Comité Executivo do PPdeG e da directiva nacional do Partido Popular, dos que segue formando parte na actualidade.
No 2002 foi reelixido presidente provincial do PP, cargo que revalida nos anos 2004, 2009 e 2013.

No ámbito institucional é elixido presidente da Deputación Provincial de Pontevedra o 12 de xullo de 2003, revalidando ese cargo tras as eleccións municipais de 2007 e 2011. É a primeira vez que unha persoa é elixida como presidente da Deputación de Pontevedra para tres mandatos consecutivos.
Rafael Louzán Abal desempeña tamén o cargo de presidente da Comisión de Medio Ambiente da Federación Española de Municipos e Provincias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.