A realidade sobre as comportas do Saco de Fefiñans, e as falsas Promesas do Partido Popular
Dende Anova Cambados queremos demostrar e aportar datos e luz, a tódalas dubidas que poidan aparecer con respecto as recentes manifestacións do Alcalde de Cambados, Luís Aragunde, en relación as obras de instalación das Comportas do Saco de Fefiñans, e as continuas versións e falsas promesas que se están a dar aos veciños de Cambados en relación a este asunto, con continuas afirmacións por parte de distintos organismos nos que a cidadanía ve que na realidade non se cumpren, a pesares das falsas promesas e a insistencia do Partido Popular por agochar a realidade.
No dia de hoxe podemos ver como o Alcalde de Cambados se comprometeu publicamente, novamente, e que así o ia facer público mediante comunicados que se van colgar en distintas partes do Concello, de que as comportas do Saco de Fefiñans non van a comezar a funcionar ata que este rematado o saneamento integral a cargo de Augas de Galicia, a pesar de que xa comezaron as obras de instalación das mesmas, e en troques as de saneamento inda nin foron adxudicadas, nin sabemos que empresa as vai realizar.
Para entender como o Partido Popular non cumpriu o prometido, vamos comezar en Febreiro de 2011, cando o Presidente de Portos de Galicia afirmaba rotundamente que as Comportas serian instaladas unha vez que se rematara o saneamento do saco de Fefiñans, o cal estamos a ver a dia de hoxe, é mentira, e que se pode comprobar no Anexo. Pasado o tempo, e en vista de que se ia descubrir que estas afirmacións eran totalmente distintas a realidade, a propia Consellería, a través do Parlamento de Galicia, xa aclaraba que a activación destas comportas comezaría cando remataran as obras de saneamento do Saco de Fefiñans, e que as obras da instalación das comportas, se atopaban en “stand by” ata que as obras de saneamento comezaran, para cumprir o compromiso de instalala en paralelo as obras de saneamento, según documento anexo, xa se comeza polo tanto a modificar o discurso para adaptalo a realidade na que nos atopamos a dia de hoxe, na que as obras de saneamento non se fixeron nin antes, nin o mesmo tempo, se non, na que as obras de instalación das comportas xa comezaron, e inda non se licitaron sequera as obras de saneamento, e polo tanto non se cumpre novamente o compromiso que se fixo publico e que se ratificou en sede parlamentaria.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.