Os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro, o Pazo da Cultura acollerá unha nova edición de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia.
Nesta ocasión, a Xunta de Galicia reduciu a súa axuda nun 55% respecto á Feira de 2012. Desta forma o orzamento que se situaba en 250.000 euros vese reducido a 130.000 euros para este ano.
Nesta ocasión, a Xunta de Galicia reduciu a súa axuda nun 55% respecto á Feira de 2012. Desta forma o orzamento que se situaba en 250.000 euros vese reducido a 130.000 euros para este ano.
Por este motivo, o Culturgal formula unha nova fórmula a través da entrada corresponsable. A Feira continúa sendo gratuíta pero haberá unha opción para pagar unha entrada voluntaria co obxectivo de buscar micropatrocinadores. "A Feira non deixa de ser un reflexo do que acontece non día a día", afirmou Víctor López, representante da xunta directiva do Culturgal.![]() |
| Acto de presentación |
Ao longo dos tres días de duración da Feira desenvolveranse 125 actividades entre as quedestacan a presentación de 'Galiza', último disco de Kepa Junquera; conversacións entre xornalistas e autores como Francisco Castro, Rosa Aneiros, Riveiro Coello, Pedro Feijoo ou Diego Ameixeiras, ademais de diferentes espectáculos teatrais e musicais, segundo expuxo o coordinador desta edición, Xosé Manuel Aldea. As instalacións contarán coa presenza de 70 stands.
Este ano tamén se instaura o Premio do Público Culturgal para propostas novidosas. As tres candidaturas que optan a este premio son a Asociación puntoGAL, o Festival de Cans e o Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Ata o 15 de novembro pódese votar a través da web de Culturgal.
A organización calcula que, na última edición, máis de 10.000 visitantes se achegaron ata as instalacións do Pazo da Cultura.
Todo o programa AQUÍ
Todo o programa AQUÍ

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.