Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de noviembre de 2013

A XUNTA: O DESGOVERNO, A SINRAZÓN E A ESTUPIDEZ



Os contrasentidos na Xunta que nos desgoverna. José Ramón Lete Lasa presume de programas para promover o deporte nas escolas e  a Xunta de Galicia ano tras ano nega un lugar axeitado para que os rapaces e rapazas do Colexio Magariños poidar facer ximnasia. A demagoxia e o sin sentido instalado na Xunta.... e no Concello de Cambados porque estes non son o suficientemente valientes para enfrontarse a os de arriba para esixir estas melloras.

Así publicita hoxe a Xunta os seus "logros"



O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou hoxe a aposta da Xunta de Galicia por facilitar a práctica da actividade física entre os escolares como unha ferramenta fundamental para a súa formación como individuos. Durante a inauguración, esta mañá na Coruña, das III Xornadas Nacionais do Deporte en Idade Escolar, avogou por facer esforzos para que “os nosos escolares adquiran hábitos da vida activa e saudable” para mantelos despois na idade adulta.

Segundo explicou Lete Lasa, a ese obxectivo responden os tres programas cos que o Plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia fomenta o deporte entre escolares, que se diferencian en metodoloxía, intencionalidade e nivel educativo. Os proxectos ‘Xogade’, o ‘Máis e mellor actividade física’ e o ‘Proxecto Deportivo de Centro’ queren fomentar a práctica da actividade física como medio para o desenvolvemento físico e intelectual dos rapaces.
Trátase, sinalou, de ofrecer aos escolares galegos as oportunidades adecuadas, a práctica deportiva e o xogo, as actividades recreativas e o esparexemento, xa recollidas na Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.
O secretario xeral para o Deporte reivindicou o xogo deportivo como recurso para o tempo activo e autónomo do tempo de ocio, así como xerador de valores sociais e persoais positivos que, “formulados baixo un deseño pedagóxico axeitado, e grazas á súa práctica grupal e individual, contribúen indiscutiblemente á formación integral da persoa”.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.