TELÉFONOS DE INTERESE

25 de octubre de 2013

O B.N.G. PRESENTA DOUS ESCRITOS NO CONCELLO DE CAMBADOS



A primeira nota trata do tema de externalización de servizossen a aprobación da interventora municipal.

No escrito di: que o pasado día 10 de outubro, o BNG recibiu “casualmente” (xa que o seu portavoz municipal foi ao concello a realizar unhas consultas) as copias das Actas da Xunta de Goberno Local co seu habitual retraso (a primeira acta correspondíase co día 10 de xuño), o que unha vez máis demostra o desprezo e desinterese do Alcalde polos representantes de moitos veciños e veciñas de Cambados que apoiaron unha opción política diferente ao PP. En ditas actas aparecían reflectidas un par de obras municipais; concretamente o proxecto redactado polo Enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos, Evaristo Juncal Froján para a “Adecuación da Praza de Abraldes e a Rúa Rianxeira (Fefiñáns)”, así como o proxecto técnico, redactado polo Arquitecto Julio De Miguel Castro, para a realización das obras de “Reparación e Restauración da cuberta do pazo de Torrado para a mellora da eficiencia enerxética”. 
Como queira que nas últimas dúas lexislaturas, os diferentes informes da Intervención Municipal insisten no incumprimento de que “ ao existir funcionarios adscritos ó departamento de urbanismo do concello (Arquitecto e Arquitecto Técnico) deberían constar as razóns polas que se procede a externalizar o servizo” e que as obras públicas, como as citadas, son competencia irrenunciable da Administración, é polo que...

SOLICITA: que  xustifique cal foi a razón pola que novamente, contra o criterio da Intervención Municipal, a Alcaldía volve a externalizar os servizos de urbanismo nos citados casos.

O segundo trata sobre as obras na rúa Isabel II e os pertinentes permisos de obra polo que o B.N.G. expón: que esta semana comezou a obra de mellora da Rúa Isabel II; rúa que forma parte do casco histórico do concello, e que o grupo municipal do BNG estaría interesado en coñecer en que vai consistir, concretamente, este proxecto de urbanización e mellora dos servizos, e pide: que, a o grupo municipal do BNG, se lle conceda permiso para consultar a documentación relativa a esta obra e, así mesmo, que se lle responda ás seguintes preguntas:
  • Ten concedida esta obra o pertinente permiso do Servizo de Patrimonio? e con que data foi concedido dito permiso?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.