Na asemblea de onte demostrouse que é preciso organizarse e mobilizarse para lograr parar este novo roubo, esta vez aos pensionistas retornados.Adiante emigrantes!
Os emigrantes retornados da Plataforma do Salnés celebraron onte no Auditorio unha asemblea informativa coa intención de sumar apoios e chegar a aqueles que aínda non están vinculados a este grupo de protesta. No acto estiveron presentes o responsable da Plataforma, Xosé Lois Leirós, e a deputada do BNG en O Hórreo, Montserrat Prado. Os dous explicaron que a loita está encamiñada a recibir "igualdade de trato" con aqueles que perciben pensións en España e que, salvo que superen os 22.000 euros ao ano, non están obrigados a presentar a declaración.
Os emigrantes retornados denuncian que Facenda lles impón sancións de entre 8.000 e 25.000 euros ás que terán que enfrontarse con pensións que en poucos casos chegan aos 800 euros mensuales. Ademais, e así o recordaron na asemblea informativa de onte, é unha situación á que deben enfrontarse persoas de elevada idade.
Onte mesmo Leirós volvía recordar que nos anos 60 e 70 os únicos cartos que entraban en España eran do turismo e as divisas dous emigrantes.
Os afectados xa ratificaron no último Pleno da Corporación que eles en ningún momento negáronse a tributar, pero si a pagar unha multa cando, aseguran, non fixeron nada malo.

O colectivo dos emigrantes retornados, que en O Salnés ascende a unhas sesenta persoas, protagonizaron o último Pleno da Corporación vilagarciana. Os afectados enfrontáronse directamente co alcalde, Tomás Fole, ao que chegaron a chamar "corrupto" cando el estaba explicando a razón pola que non apoiarían a moción do BNG na que se falaba do seu caso.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.