A decimosexta edición dos Distinguidos Gallaecia acaba de darse a
coñecer na provincia de Ourense, e a D.O. Rías Baixas alzouse como unha
das denominaciones máis premiadas con 26 distincións, cinco máis que na
anterior edición. Devanditos premios recaeron na súa maioría en colleitas de
2012, pero tamén hai presenza de viños pertencentes a colleitas de 2006,
2009, 2010 e 2011.
A última cata, da que saíron os distinguidos deste ano, contou cun xurado excepcional: sumilleres e técnicos das distintas denominaciones de orixe galegas. Eles protagonizaron unha cata cega de mostras de mercado para asegurar que o catado e elixido corresponde co que o consumidor atopará no mercado. Toda esta información farase chegar ao público a través da Guía de Viños, Aguardientes e Bodegas.
A última cata, da que saíron os distinguidos deste ano, contou cun xurado excepcional: sumilleres e técnicos das distintas denominaciones de orixe galegas. Eles protagonizaron unha cata cega de mostras de mercado para asegurar que o catado e elixido corresponde co que o consumidor atopará no mercado. Toda esta información farase chegar ao público a través da Guía de Viños, Aguardientes e Bodegas.
No caso da D.O. Rías Baixas, das 120 marcas catadas o pasado mes de xullo no Pazo de Mugartegui por 12 sumilleres, 26 conseguiron distinción. Para a presidente da Asociación Gallaecia, Mercés González, os viños de colleita 2012: "contan cunha acidez moi equilibradas, son moi francos, varietales, e maduritos". O vicepresidente da asociación, Luís Padín, describe esta vendima como viños: "sen aristas, moi cómodos en boca, con máis froita e menos flor que o ano pasado e cun ton máis verdoso".
Segrel ámbar 2012 Bodega Pablo Padín
Laureatus 2012 Maria Guadalupe Somoza Cacabelos
Carqueixal 2012 Bodegas Viña Nora
Pazo de Señorans Selección de Añada 2006 Bodega Pazo de Señorans
Envidiacochina 2011 Adega Familiar Eladio Piñeiro
Agnusdei 2012 Bodegas Agnusdei
Valdamor barrica 2010 Bodegas Valdamor
Laureatus Dolium 2010 Maria Guadalupe Somoza Cacabelos
Castro Baroña 2012 Bodegas y Viñedos Castro Baroña
Pazo Piñeiro 2010 Adegas Pazo de Lusco
Etra 2012 Bodegas Eidosela
Baladiña 2011 Bodegas Lagar de Besada
Valtea 2012 Vilarvín
Nora 2012 Bodegas Viña Nora
Colleita de Martis 2012 Bodegas Santiago Roma
Peculio 2010 Bodegas Eidosela
Fefiñanes III Año 2010 Bodegas Palacio de Fefiñanes
Bago amarelo 2012 Adegas Galegas
Veigadares 2011 Adegas Galegas
Nora de Neve 2010 Bodegas Viña Nora
Contraparede 2009 Adegas dos Eidos
Quinta Couselo 2009 Bodega Quinta Couselo
Gran Vinum 2011 Adegas Gran Vinum
Bouza do Rei Selección 2011 Bodegas Bouza do Rei
Organistrum 2010 Bodegas Martin Códax
Eidosela selección barrica 2009 Bodegas Eidosela
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.