TELÉFONOS DE INTERESE

1 de agosto de 2013

TÚNEL PROFESIONAL DO VIÑO RIAS BAIXAS










Un ano máis, a Festa do Albariño contará cun espazo profesional de cata coa intención de que, aquelas persoas interesadas, teñan a posibilidade de catar os viños nun ambiente máis recollido e técnico, sempre asesoradas por sumilleres profesionais. Para iso, nesta terceira edición, expoñeranse máis de 90 marcas de viños, todas elas acollidas á Denominación de Orixe Rías Baixas.

Lugar: Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados.
Data: 1,2, 3, e 4 de Agosto
Horario: de 11,00 a 13,30 e de 18,00 a 20,30 horas os días xoves, venres e sábado e a mañá do domingo. 

Prezo entrada:15 euros por cada sesión de cata e ,coa mesma, terás dereito a catar todos os viños que queiras ao longo as dúas hora e media que dura cada unha das sesións de cata e ao agasallo dun catavino.

As entradas podíanse adquirir en calquera das dúas casetas do Consello Regulador D.O. Rías Baixas, situadas no Paseo da Calzada ó no mesmo Salón de Congresos e Exposicións José Peña os días de celebración do evento.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.