TELÉFONOS DE INTERESE

1 de agosto de 2013

ENÉSIMO ENGANO DO ALCALDE LUÍS ARAGUNDE







O Concello de Cambados (bueno, quen o governa) volve a enganarnos ou polo menos a non decir toda a verdade. Fai uns intres enterámonos que o concerto de Julieta Venegas i Eladio y los seres queridos forman parte dunha lista de concertos que organiza La Vuelta a España ´13. O señor Luís Aragunde debería de explicarlle a os cambadeses esta situación antes de colgarse medallas polos "grandes concertos" que trae "contan pouco presuposto" como lle gusta a el decir e autogabarse. 
O malo é que ímonos enterar das contas da Festa mal, moi mal e tarde moi moi tarde.

 A Volta a España non só deixará deporte nas Rías Baixas, senón que a organización da proba prevé concertos por algúns dos municipios de Rías Baixas. Sanxenxo, Salvaterra, Lalín, Cangas, O Grove e Cambados acollerán concertos desde o 3 de agosto.

A Deputación puxo en marcha o cronómetro que marca a conta atrás para a saída da Volta Ciclista a España, que suporá, tal e como coincidiron en salientar o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a deputada Begoña Estévez e a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, o maior e mellor escaparate das Rías Baixas no mundo enteiro.
Os tres fixeron estas declaracións no acto de presentación dos concertos da Volta, no que tamén participou o director de Unipublic, Javier Guillén.
Trátase dunha programación musical que dará comezo este sábado coa actuación de Julieta Venegas en Cambados, con Eladio y Los Seres Queridos como abreconcertos e continuará con El Sueño de Morfeo, que actuarán o 16 de agosto no Grove.

Nena Daconte pechará o ciclo de concertos o día da saída da Volta, o 24 de agosto, cunha actuación en Sanxenxo que estará precedida da dos galegos Maryland.
Tamén actuarán Roi Casal o 23 de agosto en Cangas e o 26 en Lalín e Xoel López e Amancio Prada o día 24 en Salvaterra de Miño.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.