Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de agosto de 2013

TRABALLADORES DA RESIDENCIA VALLE INCLÁN DE VILANOVA MANIFESTANSE EN PONTEVEDRA








Un grupo de traballadores da Residencia da 3ª idade Valle Inclán de Vilanova de Arousaconcentráronse ante a Deputación de Pontevedra para denunciar a situación que están a sufrir no centro dende a chegada á xerencia de Enrique Martínez. Este "señor" retou a os traballadores en Radio Arosa fai unhas semáns a que seguiran nesa actitude "haber cantos despedía nos vindeiros dias"


Segundo denuncian os responsables dos sindicatos UGT, CIG e Comisións Obreiras, o novo dirixente chegou ao cargo e as súas propostas se centraron en rebaixar os soldos, cambiar as quendas de traballo, mover horarios e despedir persoal provocando tensión laboral entre o equipo formado por 90 traballadores que atenden a 150 residentes.
Xoán Bouzas da CIG indicaba que nos últimos tres meses se produciron 22 despedimentosde persoal afiliado ás centrais sindicais ou que realizara reivindicacións laborais.
Ante esta situación, os traballadores iniciaron un calendario de protestas e de reunións con representantes das distintas administracións. O 27 de agosto reuniranse coa conselleira de Traballo e hoxe solicitaron unha entrevista co presidente da Deputación.


O señor alcalde de Vilanova de Arousa "non quere saber nada do tema" "esto non é cousa do Concello", Lávase as mans coma Poncio Pilatose. Os sindicalistas acusan o Partido Popular de ser quen situou o xerente nese posto. Denuncian que Enrique Martínez se nega a manter reunións cos empregados e os representantes sindicais indican que "isto é unha trangallada. Está despedindo a todo o persoal e non ten nin idea de xestión de empresas".
Durante este venres, unha representación dos traballadores concentráronse durante media hora ante a Deputación Provincial para reclamar a readmisión do persoal despedido.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.