TELÉFONOS DE INTERESE

22 de agosto de 2013

OS VIÑOS RIAS BAIXAS COLLEITAN PREMIOS ALÁ POR ONDE VAN






Os viños de Rías Baixas consolídanse entre os mellores viños brancos do mundo. Durante os primeiros meses de 2013, as marcas desta denominación incrementaron o número de premios recibidos en relevantes concursos nacionais e internacionais, chegando a sumar un total de 126 galardones: 21 ouros, 52 pratas, 33 bronces e 20 menciones.
Entre os premios cabe destacar que os viños espumosos de Rías Baixas xa colleitaron os seus primeiros 5 galardones: 2 pratas, 2 bronce e 1 mención en certámenes como o Decanter World Wine Awards, o International Wine Challenge, o Challenge International du Vin ou o Concurso Mundial de Bruxelas.
Entre os premios recibidos atópanse os 8 ouros e 11 pratas conseguidos no Concurso Bacchus 2013; mentres que no Decanter World Wine Awards os viños desta denominación obtiveron 8 pratas, 18 bronces e 8 mencións. Tamén destacan os 3 ouros, 3 pratas e 3 bronces no Challenge Internacional du Vin; 1 ouro e as 5 pratas no Concurso Mundial de Bruxelas; ou 1 ouro, 11 pratas, 8 bronces e 12 mencións no International Wine Challenge. A eles hai que sumar as 3 pratas logradas no Wine Master Challenge 2013; os dous ouros e tres pratas nas Citadelles Du Vin; un ouro, 10 pratas e un bronce no International Wine & Spirit Competition; e dous ouros e unha prata nos premios Baco Colleita 2012.

Completan o palmarés deste ano os 3 bronces en The Dallas Morning Wine Competition; un ouro e 3 pratas Zarcillo 2013; unha prata na Sélections Mondiales deas Vins Canadá; e dous ouros e unha prata nos Anxos International Wine & Spirits Awards.

A maior parte dos viños de Rías Baixas galardoados nos máis relevantes concursos de dentro e fóra do noso país pertencen á anada de 2012 (máis de 70). Tamén teñen un peso importante viños da anada 2011, con máis de 40 destacados. Finalmente atopámonos con anadas 2010, 2009 e 2006; e tamén outras elaboracións como viños sobre leas, seleccións de anada ou viños en madeira.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.