Os viños de Rías Baixas consolídanse entre os mellores viños brancos do mundo. Durante os primeiros meses de 2013, as marcas desta denominación incrementaron o número de premios recibidos en relevantes concursos nacionais e internacionais, chegando a sumar un total de 126 galardones: 21 ouros, 52 pratas, 33 bronces e 20 menciones. Entre os premios cabe destacar que os viños espumosos de Rías Baixas xa colleitaron os seus primeiros 5 galardones: 2 pratas, 2 bronce e 1 mención en certámenes como o Decanter World Wine Awards, o International Wine Challenge, o Challenge International du Vin ou o Concurso Mundial de Bruxelas.
Entre os premios recibidos atópanse os 8 ouros e 11 pratas conseguidos no Concurso Bacchus 2013; mentres que no Decanter World Wine Awards os viños desta denominación obtiveron 8 pratas, 18 bronces e 8 mencións. Tamén destacan os 3 ouros, 3 pratas e 3 bronces no Challenge Internacional du Vin; 1 ouro e as 5 pratas no Concurso Mundial de Bruxelas; ou 1 ouro, 11 pratas, 8 bronces e 12 mencións no International Wine Challenge. A eles hai que sumar as 3 pratas logradas no Wine Master Challenge 2013; os dous ouros e tres pratas nas Citadelles Du Vin; un ouro, 10 pratas e un bronce no International Wine & Spirit Competition; e dous ouros e unha prata nos premios Baco Colleita 2012.
 Completan o palmarés deste ano os 3 bronces en The Dallas Morning Wine Competition; un ouro e 3 pratas Zarcillo 2013; unha prata na Sélections Mondiales deas Vins Canadá; e dous ouros e unha prata nos Anxos International Wine & Spirits Awards.
A maior parte dos viños de Rías Baixas galardoados nos máis relevantes concursos de dentro e fóra do noso país pertencen á anada de 2012 (máis de 70). Tamén teñen un peso importante viños da anada 2011, con máis de 40 destacados. Finalmente atopámonos con anadas 2010, 2009 e 2006; e tamén outras elaboracións como viños sobre leas, seleccións de anada ou viños en madeira.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.