TELÉFONOS DE INTERESE

24 de agosto de 2013

OS PASEOS DE RAJOY E DUAS ANÉCDOTAS





Estes dias que Rajoy estivo pola nosa comarca pouco ou nada se veu en actos públicos. Temos as fotos dos seus paseos pero pouco máis.

Pero hoxe como e costume o presidente Nacional do Partido Popular e presidente do Goberno, Mariano Rajoy, aproveitou os seus día de descanso en Ribadumia para reunirse cos seus compañeiros de partido en Galicia.
Fixérono, ao igual que o ano pasado, nun paseo á beira do río Umia ao seu paso por Ponte Arnelas, no concello de Vilanova de Arousa.
Ao encontro asistiron ademais do presidente rexional do partido, Alberto Núñez Feijoo, o presidente provincial, Rafael Louzán, ou a ministra de Fomento, Ana Pastor, outros cargos do partido como Alfonso Rueda, Agustín Hernández, a presidenta do Parlamento Pilar Rojo, o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, así como coselleiros, deputados, senadores, alcaldes e presidentes do PP da provincia.
O que non sabemos é si lle contou duas cousiñas, nada en especial, que lle ocorreron facendo os seus paseos por Ribadumia.

A primeira tivo lugar durante un dos paseos polas orillas do Umia. Ía paseando unha rapaza co seu fillo de corta idade cando un home fixo parar a o cativo, a muller sorprendida preguntou a o home que era o que pasaba i entón emerxeu de entre as árbores a figura do Presidente do Governo. Tanto medo ten rajoy que incluso un crío ten que agardar a que pase el para seguir co seu paseo?. Agora "la calle es mía" de Fraga convértese en "as orillas do Umia so para min" de Rajoy?. O grao de medo de este home so se pode comparar co grado de desgoverno a o que nos ten sometidos a Trotona de Pontevedra (apodo co que é coñecido entre os compañeiros parlamentario en Madrid).

A segunda e máis simpática. Conta que tras unha das suas camiñatas parou a tomarse un café nun bar da zona. Había varios veciños tomando algo e un deles a o ver a tal persoeiro dixo: Oes invitas a unha cerveza? 
Rajoy fixo oídos xordos pero o paisano insistiu varias veces. Rajoy incómodo coa situación dirixeuse a o responsable do bar e díxolle: Por favor le pone un café al caballero (sabedor de que o paisano xa levaba máis de unha cervexa). O paisano a tal oir dirixeuse a Rajoy i espetoulle: O café bótalo ti polos collóns, eu quero unha cerveza!.
Rajoy ergueuse e marchou sen mediar máis palabras e o paisano quedouse sen ser invitado polo Presidente do Governo.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.