Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de agosto de 2013

NAS PRAIAS DE CAMBADOS NON SON NECESARIOS SOCORRISTAS






Que Luís Aragunde diga en Radio Arosa esta mañán que na praia de Castrelo  onde o sábado aconteceu o fatídico suceso que todos sabemos, non hai que poñer vixiancia non me parece mal. Incluso vexo lóxico sobre todo, porque non imos a poñer vixiantes ou socorristas en cada zona de baño do noso litoral, aínda que so collan duas persoas. E todos sabemos que as praias de Cambados son ben pequenas.

O que me chama a atención é "que eles (supoño que alguén do PP no Concello) non consideraban que esa praia polas reducidas dimensións que ten, necesitara ese servizo". A tal oir viñéronme varias preguntas a cabeza.

1ª- Nalgún momento e dado o escaso tamaño das praias cambadesas pensaron en poñer socorristas nos areais de Cambados?
2ª- Dado o tono no que tal dixo, porque non se pon un socorristas na Torre que está ateigada de xente e as correntes coma no caso da Insuíña, fan a praia perigosa por momentos? 
3ª- Non haberá ningún membro de Novas Xeracións co título de socorrista para poder darlle un choio polo menos no verán?.

O primeiro que teñen que facer é limpar as praias e despois considerar si fan falla socorristas.









1 comentario:

A TI MEU CAMBADOS dijo...

Bueno bueno, fenomeal artigo querido Arturo, co teu permiso me lo copio.

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.