NAS PRAIAS DE CAMBADOS NON SON NECESARIOS SOCORRISTAS
Que Luís Aragunde diga en Radio Arosa esta mañán que na praia de Castrelo onde o sábado aconteceu o fatídico suceso que todos sabemos, non hai que poñer vixiancia non me parece mal. Incluso vexo lóxico sobre todo, porque non imos a poñer vixiantes ou socorristas en cada zona de baño do noso litoral, aínda que so collan duas persoas. E todos sabemos que as praias de Cambados son ben pequenas. O que me chama a atención é "que eles (supoño que alguén do PP no Concello) non consideraban que esa praia polas reducidas dimensións que ten, necesitara ese servizo". A tal oir viñéronme varias preguntas a cabeza. 1ª- Nalgún momento e dado o escaso tamaño das praias cambadesas pensaron en poñer socorristas nos areais de Cambados? 2ª- Dado o tono no que tal dixo, porque non se pon un socorristas na Torre que está ateigada de xente e as correntes coma no caso da Insuíña, fan a praia perigosa por momentos? 3ª- Non haberá ningún membro de Novas Xeracións co título de socorrista para poder darlle un choio polo menos no verán?. O primeiro que teñen que facer é limpar as praias e despois considerar si fan falla socorristas.
1 comentario:
Bueno bueno, fenomeal artigo querido Arturo, co teu permiso me lo copio.
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.