Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de agosto de 2013

MANIFESTACIÓN DE PREFERENTISTAS MAÑÁN EN SANXENXO






Afectados polas preferentes de diferentes plataformas manifestaranse este sábado en Sanxenxo,  partirán ás 11.00 horas da rotonda de Baltar e pretende trasladar a protesta a un lugar no que "responsables políticos e financeiros están de vacacións".
Ao mesmo tempo, planean para este venres unha nova retirada conxunta de fondos de NCG Banco, que será a segunda para varias agrupacións. O obxectivo desta medida é "facer presión", explicou o portavoz da asociación de Compostela, Xesús Domínguez, que sinalou que tamén entregarán un documento de reclamación para pedir a reapertura da arbitraxe e facer constar que a retirada de diñeiro é unha forma de protesta.
Domínguez indicou que no caso de Santiago, os afectados están convocados ás 12.00 horas ante a oficina principal para retirar parte do diñeiro e entregar os documentos, para os que elaboraron un modelo no que expoñen "a situación" das 20.000 persoas "que solicitaron a arbitraxe pero non foron chamadas". Esta será a primeira acción deste tipo da plataforma, que suspendeu os actos previstos para o pasado 26 de xullo tras coñecer o accidente de tren que deixou 79 mortos e decenas de feridos..

As reclamacións irán dirixidas ao banco, ao Fondo de Reestruturación Bancaria (FROB) e ao Ministerio de Economía e solicitarán que se fagan as xestións necesarias para que todos os titulares deste tipo de produtos híbridos poidan recuperar todo o seu diñeiro pola vía da arbitraxe.
Os afectados destacan que son uns 500 millóns os que "faltan por recuperar " e, como medida de presión, acordaron un calendario para ir retirando de forma progresiva os fondos de quen recuperaron todo ou parte do seu diñeiro. "O banco pretende dar por pechado o proceso".

O banco "non ten o problema pechado"
As plataformas defenderon a medida de retirar de forma masiva os seus aforros para recordar ao banco que "non ten o problema pechado". "Hai miles de afectados co mesmo perfil que os que xa cobraron e que non foron chamados á arbitraxe", protestan nun documento, no que especifican que a retirada se fará de forma graduada ao longo de catro meses (un venres si e un venres non).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.