Queren recuperar a todos eses rapaces que por unha cousa ou outra marcharon do Cambados e tamén poder recuperar o prestixio e a gran canteira que tivo sempre o Juventud de Cambados
Os monitores do fútbol base firmaron un contrato co presidente do clube con unha serie de condicións, das que cabe resaltar que:
Os monitores faránse cargo totalmente da base tanto na xestión económica como na deportiva dende a categoría prebenxamín ata a categoría cadete.
Desde aqui facemos un chamamento a todas aquelas persoas que queiran traer os seus fillos para o futbol base de cara a vindeira tempada. para máis información e mais detallada non teñen máis que poñerse en contacto con nos, e explicaremoslle todo. Nos próximos días poñeremos máis novidades con respecto a próxima tempada, acordos que intentaremos pechar con colaboradores e eventos a organizar. Sen máis dar as gracias aos que confiaron en nos a tempada pasada, que esperemos que o sigan facendo nesta vindeira e animar a todos aqueles que inda non forman parte da familia do Futbol Base de CJ. CAMBADOS.
ANIMADEVOS. UN SAUDO


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.