Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de julio de 2013

OS SOCIALISTAS DE CAMBADOS ASOMBRADOS CON ARAGUNDE TRAS O CAMBIO DE POSTURA SOBRE A REGULARIZACIÓN DE EMBARCACIÓNS







Aragunde manifesta na Prensa, que unha vez entrevistado coa Plataforma de afectados pola
Regularización de Embarcacións que a Xunta do PP pretende impoñer ao sector, vai
cambiar o seu posicionamento do Pleno recentemente celebrado, e tomará partido polo que
o sector pide. Esto pon de manifesto que vai coincidir coa Moción presentada polo PSOE,
que a propia Plataforma de afectados calificou como a que mellor recolle as demandas que
o sector presenta de cara a mellorar esta normativa da Xunta.
Fátima Abal, Portavoz do PSOE no Concello, di ao respecto que "parécenos moi ben que
Aragunde agora se sume ás posición do PSOE de defensa dos mariñeiros do Salnés,
moi perxudicados por esta nova normativa do PP, pero deberá dicir e pedir disculpas
polo seu pronunciamento no pasado Pleno e polas cousas que alí se dixeron. Pode
meter a pata e correxir despois, pero que o recoñeza públicamente".




Asimesmo, os Socialistas queren saber cómo pensa facer esa reformulación. "Supoñemos
que mediante a redacción dunha nova Moción para someter a debate e votación no
Pleno, porque a que presentaron e aprobaron eles sós, non ten nada que ver co que
a Plataforma de afectados pide, nin co que Aragunde anuncia hoxe na prensa".
O PSOE de Cambados, recoméndalle que para unha próxima vez, acepte reunirse cos
mariñeiros cando estos lle piden facelo e evitaremos demoras innecesarias e
correccións que non farían falla se, en tempo e forma, escoitaran aos afectados".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.