10 Anos no cargo e vaise dando conta que non todo é tan bonito coma nolo quere pintar. Nin el é tan bo como di ser.
O traballo realizado en torno á explotación turística do Camiño Portugués ao seu paso pola provincia de Pontevedra presenta "moitas carencias e bastantes deficiencias". Así o recoñeceu este mércores o presidente da Deputación Provincial, Rafael Louzán, nun acto no que asumiu que "non se está aproveitando ben ou debidamente este recurso turístico".
Louzán destacou a importancia e potencial turístico e económico que ten o Camiño en canto a número de peregrinos que trae a Pontevedra e sinalou, a modo de reflexión, que"probablemente temos que facer moito máis" para conseguir sacarlle todo o xogo que podería dar.
Neste mea culpa que entona Louzán inclúe á propia Deputación Provincial, pero, sobre todo, aos distintos concellos da provincia( na inmensa maioría governados polo PP) pois entende que "o Camiño non debe ter fronteiras, límites municipais", pero a realidade actual é moi diferente. Así, insiste en que se trata dunha ruta xacobea única, pero o camiñante percibe perfectamente cando se cambia de término municipal polo coidado ou descoidado que está o entorno do Camiño.
Logo de realizar estas reflexións, o presidente da Deputación aproveitou para anunciar o traballo que está realizando a Administración Provincial e a Axencia de Turismo de Galicia para a posta en marcha dun proxecto de revalorización das rutas xacobeas, catro das cales (a Vía da Prata, o Camiño Portugués, a Ruta Marítima e a da Costa) pasan pola provincia.
En canto ao traballo das institucións provincial e autonómica, anunciou que a Deputación e a Axencia de Turismo terán rematado proximamente un proxecto de sinalización e mellora do Camiño Portugués para que de aquí a 2014 esta ruta "non teña fronteiras" e estea en boas condicións.Nesta liña, fixo un chamamento á implicación dos concellos e incidiu en que é preciso "a coordinación e sensibilización de todos os concellos polos que pasa para aproveitar ao máximo este recurso". Na posta en valor deste recurso turístico deberían intervir tanto os concellos como a Deputación e a Xunta de Galicia.
A secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, estaba presente no mesmo acto e indicou que "chega máis xente que capacidade teñen os albergues". Aportou datos de peregrinos do Camiño Portugués no que vai de ano e sinalou que "ata onte chegaran 13.000 persoas" por esta ruta, o que se traduciu en 19.720 pernoctacións en albergues públicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.