Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de julio de 2013

CADA DÍA QUE PASA A XOIA DA COROA TEN MENOS INTERESE PARA O CONCELLO






Despois dalgún tempo temos que volver a escribir sobre a xoia da coroa dos parques de Cambados. Como non refírome a o parque de Torrado.

Uns amigos lectores fixeronme chegar unhas fotos nas que se aprecia o mal estado no que se atopan os señalizadores que hai a o lado de algúns árbores para indicar os nomes de ditas especies vexetais.

Todo hai que decilo e como fixemos en anteriores artigos a culpa dos destrozos é dos usuarios. Pero o Concello apresúrase so para limpar certas estatuas importándolle ben pouco o resto de desperfectos temos que denuncialo. Coma sempre non farán caso pero nos temos que denuncialo. Por certo estando eu no parque o sr. Sineiro, xefe de obras (creo que é ese o nome do seu posto no concello) apareceu co seu “sorriso” falou coa persoa que estaba limpando e marchou sen botar unha ollada a o estado do parque. Os seus fillos xa son maiores, pero ten netos e debería vixiar máis este parque.                                                                                                                    
Coma este hai máis

Como vedes nas fotografías, apreciase o perigoso estado en que se atopan. Non costaría moito sacalos ou reparalos e depaso porlle unha tapa a toma de auga para evitar percances non desexados. Outra queixa refírese as novas plantas que puxeron en cada columna do “cenador” e que están polo chan pois algún ou algúns usuarios coa complicidade dalgún adulto quitoulle o cordel plástico que as sostiña e que agora sofren os pisotóns e outras cousas que evitan o seu crecemento e a función para a que foron plantadas dar sombra no futuro nun parque no que o sol “maia” con forza.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                Pero esto non é o único os cables tirados polo chan e que tantas veces denunciamos aí siguen despois de meses ou anos sen ser reparados.



Señor Aragunde xa sabemos que vostede non ten fillos pero pense nos fillos dos demáis. O paulatino abandono do parque de Torrado, so interrumpido cando a Xunta concede un Obradoiro de xardinería non é máis que unha pequena mostra do abandono a o que ten sometido a este povo e de que o seu xefe, Tourís, so ven a Cambados a lucirse sen importarlle nada os cambadeses votantes ou non do PP.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.