Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de marzo de 2013

QUEN PAGA O DESPILFARRO E O ABANDONO DO CONCELLO DE CAMBADOS?






Fai uns días o pleno do Concello de Cambados aprobou cos votos do PP os presupostos para o 2013. Segundo o PP os presupostos son austeros e levan medidas de aforro. Dende logo si entendemos por aforro ter que pagar indemnizacións a particulares pola ignorancia de quenes nos governan pois adiante. 

Un Concello coma o noso que gasta unha burrada de cartos en asesores e avogados externos para que, ou non sexan consultados ou o seu asesoramento aparte do soldo cústalle as arcas municipais máis de 110.000 euros non é aforro, é despilfarro. Un Concello que ten as luces de rúas encendidas as 12 do mediodía ou as seis da tarde con luz naturalsuficiente non está a aforrar está a despifarrarar os cartos de Cambados.
Este tema das luces repítese a cotío. Entenderíase que estivesen encendidas para comprobar o seu funcionamento, pero como se ve nas fotos estas luces permaneceron encendidas máis de duas horas e ninguén estaba reparando nada. E non é nin a primeira nin será a derradeira vez que esto ocurra, nin nestas rúas nin en outras. Na avenida de Madrid varias veces teñen estado todas as farolas encendidas de día e ninguén agás duas veces estaba a facer mantemento das farolas. Unha vez que alguén estaba a facer o mantemento era unha empresa externa, a cal lle importa moi pouco si se malgasta ou non. Penso que a mellor maneira de facer ese traballo é encender as farolas todas e marcar cales están mal, apagar as farolas e proceder a trocar as lámparas estropeadas. A outra vez que estaba a facer dito mantemento eran operarios municipais e o seu proceder era o mesmo que a empresa privada, reparar todo coas farolas encendidas.


O aforro ven por estas pequenas cousas que dende a Xunta nos recordan que son fundamentais para o aforro enerxético i en definitiva o aforro xeral. O Concello é coma unha gran familia e nestes tempos as familias tentan aforrar en todo e a factura da luz é unha parte máis . Así nos sangra a impostos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.