Convócase a través das redes sociais a todas as persoas sensibles ante a lacra do maltrato animal a unha protesta o domingo 10 na explanada de Tragove onde está instalado o circo. De seguido tendes o texto que circula en internet e no que colabora o refuxio de animais de Cambados.
Este domingo, ás 16:00 realizarase unha protesta contra o maltrato que sofren os animais que pasan a súa vida nunha gaiola para beneficio dunhas persoas indiferentes ante a violencia. Organiza Igualdade Animal e colabora Refuxio de Animais de Cambados.
| http:// |
Nos circos adoitan haber payasos, trapecistas, e DOMADORES. Os pobres animais son maltratados por estes para facer graza á xente, pero o peor é como son maltratados: tigres, leóns, obrigados a facer o que lles manden e unha das peores cousas subir a un oso ou outros animais nunha bicicleta. ¡Señoras e señores! ¡Pasen e vexan animais maltratados!
O circo é un dos lugares nos que se amosa o peor trato aos animais domésticos e animais silvestres. Moita xente non se imaxina as cousas polas que ten que pasar estes animais que son adestrados para facer os espectáculos que nos divirten nos circos. E que nós ignorando o que sofren os animais imos ver como un elefante párase en dúas patas.
Os circos non poden, polas súas propias características, atender nin de lonxe as necesidades naturais dos animais que presentan, non hai outro remedio que manter aos animais encadenados por unha pata dianteira e outra traseira -o que tan só lles permite tombarse e levantarse ou arrastrarse un par de pasos adiante e atrás- ou aprisionados dentro de camións gaiolas excepto durante o adestramento ou os escasos minutos que dura o seu número.
Ademais, durante largísimo desprazamentos, os animais soportan no seu recuncho, sen luz e sen ventilación, o frío do inverno e a calor do verán mentres se asfixian co metano dos seus propios excrementos. Este é un cruel modo de vida, caracterizado polo illamento, o castigo, o medo e o cautiverio e non é de estrañar que un elefante viva máis de 70 anos no seu medio natural pero só alcance os 14 ou 15 anos en cautividad.



No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.