TELÉFONOS DE INTERESE

13 de marzo de 2013

PONTEVEDRA INICIA UNHA NOVA FASE PARA IMPLANTAR A COMPOSTAXE DOMÉSTICA





Tras un tempo de estudo e conversas o Concello de Pontevedra e o colectivo ecoloxista ADEGA volven a colaborar nunha nova campaña de compostaxe doméstica., ou o que é o mesmo, reconverter o lixo orgánico en abono de gran calidade para as nosas plantas. Desta volta a iniciativa continúa nas parroquias de Marcón, Bora e Mourente onde se repartirán outro medio cento de composteiros domésticos coma este de 320 litros de capacidade.
Participar neste proxecto ecolóxico é de balde, só abonda con cumprir unha serie de requisitos ben sinxelos para formar parte do programa. O prazo para anotarse ábrese este mesmo xoves 14.

O proceso de compostaxe rematará a finais de ano que será cando se faga a avaliación do mesmo e se analice o grao de satisfacción dos novos veciños “verdes” de Pontevedra.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.