TELÉFONOS DE INTERESE

12 de marzo de 2013

EXPEDIENTAN AS OBRAS DO "PINAL DE MAZA" POR UN TEMA MENOR







Titulares pomposos para o menor dos erros cometidos no Pinal de Maza.
A tenor dos titulares da prensa parece que foran a investigar unha ilegalidade tal que fixera que o que agora é viñedo tivese que volver a o seu estado orixinal de pinal con todas as suas árbores e toda a sua vexetación.


Pero non, o Concello de Cambados abriu expediente de reposición da legalidad pola construción dunha arqueta na entrada do Pinal de Maza, fronte á capela de San Antón, na Modia. A obra fíxose sen licenza e a empresa responsable, Cancelo C.B. exponse por iso ao pago dunha multa que pode oscilar entre 600 e 6.000 euros, segundo reza no expediente. A os que, a o noso parecer, deberíanse engadir o custe para as arcas municipais dos traballos dos operarios do Concello para adecentar a estrada tras as riadas e que a deixaron chea de terra e lodo en varias ocasións.A arqueta ten por finalidade recoller as augas que baixan da parcela, pero a experiencia demostra que non resulta suficiente pois, cando chove moito, o caudal de pluviales desborda e inunda a estrada ata a capela, tal e como ocorreu a semana pasada.É a primeira vez que o Concello pon reparos a algunha das obras realizadas no Pinal de Maza. 

Este pinal experimentou unha profunda transformación para poder convertelo nunha plantación de albariño e, segundo o BNG, esta intervención está plagada de irregularidades.O grupo da oposición xa levou o caso aos xulgados porque entende que as obras son ilegais e ilegalizables dado que non dispoñen de licenza municipal nin dos permisos da Xunta e porque supón un cambio do uso do chan, de forestal a agrícola, que non se pode facer coa Lei do Solo na man.No xulgado de Cambados están xa investigando o asunto pero no Concello insisten en que non hai caso. O alcalde informou en pleno que as obras do Pinal de Maza non teñen licenza polo simple feito de que non a necesitan, alegando que neste pinal só fíxose unha limpeza que non supuxo un cambio de cotas do terreo. Pola contra, o BNG di que se realizou un movemento de terras en toda regra e aporta fotografías de escavadoras no pinal.

Polo tanto paripé, 6000 euros como moito para todo o que se gastou non é máis que unha limosna para un Concello que debe recadar cartos para as multas que lle impoñen por facer moi mal as cousas contra veciños con moito menos poder que Cancelo C.B..







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.