A finalidade do encontro é informar a todos os afectados do traballo político que está realizando o PSOE no Congreso para que poidan cobrar o importe íntegro dos seus aforros. Valeriano Gómez responderá ás preguntas dos afectados e escoitará as súas inquietudes e propostas coa finalidade de poder trasladalas ao Congreso dos Deputados.
Un amplo cordón policial impediu aos afectados acceder a Cores Tourís, e limitáronse, xa que logo, a ler un comunicado no que lle esixían "unha rectificación e desculpas públicas" por esas manifestacións nas que "amosa un total desprezo cara aos afectados, tratándonos como apestados" ademais de "esgrimir ameazas sen fundamento algún".
Os portavoces das Plataformas de Pontevedra-Marín e O Salnés, unidas nesta movilización, presentaron no rexistro da Xunta un escrito dirixido ao delegado territorial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.