| O novo Alcalde sen partido |
Estes días estamos a escoitar, ver e incluso a opinar sobre o acontecido en Ponferrada a propósito dunha moción de censura. Os dous partidos nacionais maioritarios opinan e fan o que lles dicta a conciencia ou as voces da rúa ou de asociacións de todo tipo. Sobre todo a o acontecer dita moción de censura o Día da Muller Traballadora. Pero o que os dous partidos non fan é trocar a Lei Electoral grazas a cal pasa todo isto. Para os que non vos enteráchedes ou carecedes de información temos que explicar todo o asunto.
En Ponferrada governaba en minoría o PP (12 concelleiros), na oposición estaba o PSOE (8) e un partido independiente(IAP, 5) encabezado polo anterior alcalde polo PP apartado da Alcaldía por un asunto de acoso sexual a concelleira do seu mesmo partido i ex noiva sua. O ex-alcalde foi condeado e cumpreu a sua condena.
| |||||||||||||||||||
Tras as novas eleccións e xa co seu novo partido consigueu máis do 16% (5 concelleiros) dos votos para a lista encabezada por el, do que se deduce que parte dos habitantes de Ponferrada seguían a confiar no ex-alcalde.
Despois de cada elección a os políticos éncheselle a boca decindo que o povo é soberano e decideu que governase tal ou cal partido. Pero agora censúrase que alguén condenado por acoso sexual favoreza un troco de siglas nun governo municipal.
| Ex-alcalde condenado |
Acaso Otegui, ou Mario Conde non tiveron a oportunidade de formar parte de listas electorais?. E ambos foran condenados no seu día por delitos cometidos por eles.
Non todos os delictos son iguais pero unha vez cumprida a condena toda persoa ten dereito a ser rehabilitado para a sociedade.
Neste caso o PP protesta porque perde a alcaldía e o PSOE polas voces críticas de asociacións e pola coincidencia co 8 de marzo. De seguro que esta moción de censura se celebrase noutras datas non tería tanta repercusión mediática.
| O Alcalde ata hai uns días |
Agora mesmo nin PP nin PSOE teñen a alcaldía. A alcaldía está en mans se concelleiros sen partido. Os edís do PSOE abandonaron o partido e o ex-alcalde condenado no seu dia renunciou a acta de concelleiro a o día seguinte de aprobarse a moción de censura fallándolle a ese 16% que o apoiara nas votacións para a alcaldía de Ponferrada que para algúns políticos non debe de contar moito agás cando axudan a desbancar a o rival.
Acaso pódese xulgar duas veces pola mesma causa a unha persoa?. Si esto non gusta que prohiban por ley presentarse nunha candidatura a todo aquel que fose condenado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.