TELÉFONOS DE INTERESE

12 de marzo de 2013

"GALICIA LibDub" DA TVG ESTARÁ EN CAMBADOS






O PROGRAMA DA TVG REALIZADO POLO PRODUTORA ALÉN FILMES GRAVARÁ EN CAMBADOS.

 Necesitan difusión máxima para que todo aquel que queira participar poda facelo.
"Galicia LipDub" e un programa que a TVG emite en horario de máxima audiencia, e consiste en gravar un vídeo musical dun tema de moda ao ritmo dunha coreografía mentres facemos playback e movemos os beizos.
O Programa de 'Galicia lipdub' busca a implicación de diferentes colectivos da vila, que se organizarán en grupos nos que valorará a creatividade, o compromiso co proxecto, o sentido do humor e as propostas de vestiario de cada un deles, polo que animan á participación con disfraces ou vestiario e elementos relacionados co colectivo.
Polo momento non teñen seleccionado o tema musical que se gravará en Cambados, polo que aceptan propostas (excepto o gangnam style que xa se fixo no concello de Cangas do Morrazo). Para aclarar estas cuestións o equipo da productora visitará Cambados en tres datas diferentes.
A primeira reunión será o vindeiro xoves 14 de marzo, ás 7 da tarde, no Salón de Exposicións e Congresos José Peña (esta reunión será gravada como parte inicial do programa, parte na que veremos as primeiras tomas de decisións, de preguntas e dúbidas sobre o proxecto,...).
Os días 3 e 4 de abril realizaranse ás gravacións con algún dos colectivos. Entrevistas, ensaios, mostras das posibilidades de vestiario, conflictos ou dúbidas que poidan xurdir,....
O 6 de abril pola mañá (de 11.00 a 14.00) ensaio xeral do LipDub e de tarde (de 16.00 a 19.00) gravación do LipDub con todo o mundo (e co vestiario seleccionado por cada persoa e colectivo).
Están invitados a reunión informativa do xoves tanto persoas individuais como colectivos (grupos de teatro, mariñeiros, bodegueiros, amas de casa, pensionistas, estudantes, bailaríns..., etc) que queiran participar neste programa.


Lipdub Cisv Galicia


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.