O presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán, apeló á comprensión dos afectados polas preferentes para pedirlles "que deixen traballar a os alcaldes populares" porque, insistiu, non teñen ningunha culpa do que lles está pasando. Ninguén lles vota a culpa os das preferentes so queren que eses alcaldes que prometeron a o igual que Feijóo solucionar as cousas que o fagan. Por sorte para o PP governa na maioría dos concellos galegos e polo tanto deberían representar a inmensa maioría de afectados. Louzán quixo deixar moi claro que o número de arbitrajes que se atenden a diario "depende exclusivamente de Novagalicia, xa que é a entidade bancaria a que decide cantos casos e cales envía ao tribunal de arbitraje". O presidente provincial do PP arremeteu contra o PSOE que, considera, "mantén unha actitude demagóxica". Referiuse Louzán en concreto á visita que nos últimos dias fixo a Sanxenxo un ex-ministro socialista, para entrevistarse cos afectados.
"O PSOE tivo unha gran responsabilidade neste asunto, e debería recoñecela", dixo. Pero o PSOE coma outros partidos, sindicatos e organizacións varias prestan o seu apoio a os afectados, incluso xente do PP, pero xente coma Tourís poco menos que os ningunea e incluso os ameaza. Ai Tourís..... recorda tempos pasados antes de falar, tan revolucionario cando na Xunta non estaba o PP e agora mírate.............
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.