Máis Galiza, Máis Europa é o titulo dunha nova edición, xa a cuarta, das consolidadas Xornadas da Mocidade Galega, organizadas pola Mocidade Nacionalista Galega e que conta coa colaboración da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC.Desta volta, celebraranse entre Santiago de Compostela e Arzúa os días 8, 9 e 10 de marzo, co obxectivo de diversificar lugares e temáticas, no que se conxugarán formación e lecer a partes iguais: dende a perspectiva do galeguismo abordarase o modelo de construción europea, a crise económica e territorial que se está vivindo ou a incardinación do rural galego no mercado comunitario. E con concertos, visitas a museos, charlas e mesmo degustación de produtos típicos. E todo isto, cun crédito de libre configuración pola USC incluído!
Anótate! xornadasmng
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.