Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de febrero de 2013

PROSEGUE CON GRAN ÉXITO A EXPOSICION DE MOTOS VELLAS DO SALNÉS







Segunda fin de semán da exposición do Clube Motos Vellas do Salnés e segundo éxito de público, coma non o domingo grazas a que o tempo acompañou, a cifra de asistentes foi moi alta estimando, dende a organización, que un milleiro de persoas acudeu a o Salón de Peña. Unha cifra semellante a do primeiro domingo.

Pola mañán asistiron os “vespeinados” de Vigo e outros “scooteristas” chegados de toda Galicia atraídos pola curiosidade e polo cariño a Rafa Blanco auténtico motor da exposición. Xa pola tarde o goteo de xente foi constante. Por momentos o recinto quedaba pequeño e nos pasillos había que botarse a un lado para deixar pasar a outras persoas. Xente entrando e saíndo sen parar.

Dende a organización agradecen a asistencia e recordan que a exposición estará aberta ata o domingo 10, sempre que a metereoloxía o permita posto que de chover algún acto do Entroido cambadés, concretamente unha festa infantil, trasladaríase dende o parque de Torrado ata a sede da exposición, o sábado 9.
Polo tanto anímannos a os que xa foron e queiran volver vela coma a os que aínda non foron que se animen a facelo dende o mércores de 4 a 8 da tarde.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.