A secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, anunciou que Jesús Sepúlveda, ex alcalde de Pozuelo de Alarcón, en Madrid, e ex marido da ministra de Sanidade, Ana Mato, deixou hoxe mesmo de prestar servizos no partido.

Recordemos que 4 de febreiro o vicesecretario xeral de Organización, Carlos Floriano, dixera que o PP non podía botar a Sepúlveda porque o Estatuto dos traballadores ''amparábao" e segundo devandita norma, asegurou, "os imputados non poden ser despedidos legalmente". Polo visto so amparaba a os traballadores do PP o resto dos traballadores podía ser despedido pois non lle afectaba ese Estatuto.
Onte Cospedal apuntaba que ao PP pareceulle "oportuno" terminar con esa relación laboral. "Tendo en conta a situación que se provocou, este partido ten que ser consecuente co que pensa tamén que debe ser unha conduta exemplar", precisou. E apostilou: "Pareceunos que tiñamos que obrar así. Non pasa nada. Rectificar é de sabios e non teño ningún problema en dicilo", apuntou Cospedal, quen insistiu en que para despedir a Sepúlveda "váiselle a aplicar a lexislación vixente".
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.