É un traballo "de gran interese práctico onde se analiza a influenza negativa que ten a fatiga do persoal de salvamento tras un rescate acuático sobre a calidade da reanimación cardiopulmonar".
O traballo leva o nome de "Influenza da fatiga física na calidade da RCP despois dun rescate acuático: impacto do material de apoio no grao de supervivencia".
E un traballo conxunto encabezado polo grupo Remoss (Rendemento e motricidade do salvamento e socorrismo, composto polos investigadores da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, Roberto Barcala, Cristian Abelairas e Javier Costas.
O mérito compárteno con outros catro expertos do grupo GIAAS da Universidade de A Coruña e da Universidad Pontificia de Salamanca.
"Foi unha sorpresa. Para nos supón unha motivación moi grande, é moi ilusionante que recoñezan o esforzo que levamos desenvolvendo, pero tamén é importante a repercusión que pode ter a efectos prácticos a investigación, repercutindo positivamente nas vítimas", subliña Barcala.
Os galardoados recollerán o vindeiro mes de marzo o premio, cunha dotación económica de 1500 euros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.