TELÉFONOS DE INTERESE

6 de febrero de 2013

FOLGA DOS TRABALLADORES DE NOVAGALICIA BANCO





Os sindicatos situaron no 90% o seguemento da folga deste mércores en Novagalicia Banco na área de Galicia, Asturias e León e destacaron a participación "masiva" dos traballadores na protesta.
Pola súa banda NCG Banco informa que o seguemento "ata as 12 horas", limitouse ao 43,51% do persoal. "O banco puido atender nun 70% a súa actividade normal, sen incidencias polo soporte das canles e servizos centrais", sinalan nun comunicado.
En Pontevedra preto de medio milleiro de traballadores participaron na manifestación que percorreu as rúas da cidade, simultáneamente ás outras protestas convocadas en seis cidades galegas.
Na cidade do Lérez os traballadores pediron a dimisión do presidente executivo, José María Castellano, e a intervención da Xunta no proceso.
O expediente de regulación de emprego (ERE) presentadoafecta, segundo as cifras iniciais, a 2.250 persoas, ás que se sumarán as da rede no exterior e na corporación industrial, ata chegar ás 2.508.
"O ERE de NCG non é un ERE normal", comentaron os sindicatos engadindo que é "o cuarto" que atravesa a entidade nos últimos anos.
Novagalicia e os sindicatos teñen o vindeiro luns unha nova cita para negociar o ERE, cuxo periodo de consultas termina o día 14.
Os portavoces sindicais avanzaron que preparan unha nova convocatoria de folga en toda España para o 14 ó o 15 de febreiro, "é posible que de forma indefinida".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.