TELÉFONOS DE INTERESE

6 de febrero de 2013

ALGÚNS SEGUEN A CREER NOS REIS MAGOS







Esta mañá escoitei unha conversa nun bar e deixome bastante descolocado pois despois dos anos trancurridos pensei que  certos persoaxes xa tiñan asimilada a verdade dos acontecementos. Resulta que catro, non sei si afiliados os catro, pero algún fixo que sí, estaban arranxando o mundo mentras na televisión falaban do “caso Bárcenas” i estes catro peperos comparaban o caso da financiación do PP e a quen publicou os papeis da contabilidade en “B” cos atentados do 11-M. 

Seguen a insistir en que todo é unha montaxe da oposición co PSOE a cabeza para botar a o Partido Popular do governo. Falaban de ocultación de probas para que os atentados de Madrid foran atribuídos a os árabes no canto, segundo eles, dos verdadeiros autores, para eles e seguindo a doctrina de Aceves e compañía os autores dos atentados do 11-M fora ETA.

Frases coma “estos queren pescar coma cos atentados de Madrid e recuperar o poder.....” decía un deles que grazas a o PP consiguira un posto de traballo nun Concello governado polos populares presentando como curriculum o carné do partido. Outro deles, un empresario xubilado do ramo do pan, asentía a o anterior e proclamaba as “irregularidades” da investigación e proceso tras o 11-M a o máis fiel estilo Aceves, Aznar, Zaplana e outros: “Si se descubrira toda a verdade estos non terían governado, ocultaron cousas para botarlle toda a merda a os moros”. Pouco menos que decían de Bárcenas e dos sobresque todo é invención da prensa, a mesma a que creen cando publicaron o dos ERES ou FILESAS. O terceiro un funcionario xubilado tamén do mesmo Concello que o primeiro asentía con unha forte convicción e con cara de dar totalmente o seu apoio a os seus interlocutores. O cuarto repetía as tesis dos seus compañeiros de tertulia e miraba para todos lados buscando a aprobación dos presentes, posto que a conversa desenrolábase nun tono ben audible para todos os que estiveran no bar.

Como vedes os peperos son tan fieis a os seus dirixentes e a o PP que nunca ousarían decir nada que fora en contra do partido e o que é peor ademáis teñen unha fe cega nos seus dirixentes creendo todo o que estos digan como si estiveran en posesión da verdade absoluta.

En fin noxento e vomitivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.