Na nova páxina xa nos enteramos dos trocos no Entroido por mor da climatoloxía. O desfile de carrozas pasa para o martes e o concurso de disfraces do martes para o domingo no salón de Peña.
Temos que destacar a sección multimedia da páxina, para nos é moi boa, pero coma sempre hai cousas que faltan pero que agardemos que completen pouco a pouco, por exemplo na parte do Parque de Torrado ponen fotos dos xogos ou dos paseos empedrados(desfeitos) e non sae a estatua do gran "benefactor da festa do albariño" nin tampouco na sección do Pazo de Torrado en sí nin ten sección propia coma outras esculturas. Porque será?
O deseño desta páxina correspondeu a unha empresa contratada polo Concello con cargo á partida de 40.000 euros que recibiu do Fondo para a Modernización de Infraestruturas Turísticas (Fomit).
1 comentario:
espero que funcione mellor que a anterior porque co que lle custaba ós cambadeses deixaba moito que desexar e esperemos que esta nova non sexa unha ferramenta do "reximen"
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.