TELÉFONOS DE INTERESE

9 de febrero de 2013

CAMBADOS ESTREA NOVA PÁXINA WEB







A nova web do Concello de Cambados xa se pode consultar. En www.cambados.es o usuario accede a un amplo abano de información sobre a o noso pobo, dentro dos  contidos dáselle especial protagonismo á promoción turística, aínda que tamén hai apartados dedicados ao Concello como institución, á administración electrónica e un foro para facer suxestións á alcaldía (que como a anterior de pouco valdrá). A páxina foi presentada  no mediodía de onte polo alcalde Luis Aragunde quen invitou a todos os veciños, e aos comerciantes e hostaleiros en particular, a utilizar esta ferramenta. A web mostra un amplo catálogo de fotografías e vídeos e será actualizada periodicamente para incluír as noticias relacionadas co municipio. Agardemos que agora actualicen a páxina cando sexa necesario e non cando lle apetece a o empregado de turno.
 Na nova páxina xa nos enteramos dos trocos no Entroido por mor da climatoloxía. O desfile de carrozas pasa para o martes e o concurso de disfraces do martes para o domingo no salón de Peña.
Temos que destacar a sección multimedia da páxina, para nos é moi boa, pero coma sempre hai cousas que faltan pero que agardemos que completen pouco a pouco, por exemplo na parte do Parque de Torrado ponen fotos dos xogos ou dos paseos empedrados(desfeitos) e non sae a estatua do gran "benefactor da festa do albariño" nin tampouco na sección do Pazo de Torrado en sí nin ten sección propia coma outras esculturas. Porque será?
 O deseño desta páxina correspondeu a unha empresa contratada polo Concello con cargo á partida de 40.000 euros que recibiu do Fondo para a Modernización de Infraestruturas Turísticas (Fomit).

1 comentario:

Unknown dijo...

espero que funcione mellor que a anterior porque co que lle custaba ós cambadeses deixaba moito que desexar e esperemos que esta nova non sexa unha ferramenta do "reximen"

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.