A Deputación pretende poñer en marcha unha experiencia piloto con dúas mil familias pontevedresas residentes en vivendas unifamiliares con horta para animarlles a tratar os seus residuos orgánicos nas súas vivendas.
A institución provincial adquirirá composteiros para repartir entre a poboación interesada en tratar o seu lixo doméstico, que unha vez convertido en compost pode utilizarse como fertilizante nas súas hortas.
O obxectivo é comprobar cal é a viabilidade futura desta fórmula para poder implantarla en toda a provincia, tal e como propón o BNG no marco do Plan provincial de recolleita de residuos.
O grupo de goberno da Deputación anda con pés de plomo neste asunto para non romper a boa sintonía que manteñen populares e nacionalistas na posta en marcha dun consorcio provincial de lixos.
O principal escollo xurdiu coa aposta clara do BNG polo compostaxe. Os populares esgrimen unha ampla diferenza económica entre a proposta do Concello de Pontevedra que segundo os seus informes técnicos calculan que ascenderá a 5,7 millóns de euros.
"Os cálculos dos nosos técnicos apuntan a case o dobre",sinala Rafael Louzán, o presidente da Deputación, agradecendo de antemán a colaboración do BNG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.