TELÉFONOS DE INTERESE

5 de febrero de 2013

ACCIONS LEGAIS PARA RECLAMAR AS PAGAS EXTRAS





Os principais sindicatos de función pública (CIG, CC.OO., UGT e CSIF) anunciaron este luns que esta mesma semana abrirán dúas frontes xudiciais para reclamar a paga extra que se suprimiu o ano pasado a estes traballadores.

Para o caso do persoal laboral, os sindicatos presentarán un conflito colectivo, correspondente en primeiro lugar ao persoal do V Convenio Colectivo da Xunta, que é o máis numeroso. A esta, seguirán medidas similares co persoal laboral das universidades e doutros ámbitos, explicou o presidente de CSIF en Galicia, José Francisco Méndez, que sinalou que o prazo para recorrer a esta vía é dun ano e os conflitos colectivos se presentarán "dun en un, segundo vaian saíndo as sentenzas".



Ademais, existe xa a providencia da Sala da Audiencia Nacional na que se valora a posible inconstitucionalidade da Lei 20/2012 e unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid na que se repón parte da extra, destacaron os sindicalistas.

"Esa non é a sentenza que nós queremos, pero supón, en todo caso, un avance", valorou a voceira de Área Pública da CIG, María Carme López Santamariña. O resultado por esta vía, indicaron os sindicatos, "é vinculante para todo o colectivo".


En canto ao persoal funcionario, o proceso é "máis complicado", posto que é necesario recorrer á vía contencioso-administrativa de forma individual. Chegar ata o Tribunal Supremo cun caso así, algo que prevén que sucederá, pode custar uns 5.000 euros, avisaron.

Por iso, optaron por que catro traballadores, pertencentes a cada un dos sindicatos, presenten demandas para o Servizo Galego de Saúde (Sergas), para o ensino e para a administración xeral da Xunta. As demandas serán presentadas a título persoal por representantes das catro organizacións e farase constar a súa condición na presentación do escrito.



Neste caso, expuxeron, primeiro presentarase unha reclamación previa e, esgotada a vía administrativa, irase ao contencioso. "Intentarase que, unha vez que haxa unha sentenza favorable, esta se estenda ao conxunto do persoal", sinalou Méndez.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.