TELÉFONOS DE INTERESE

5 de febrero de 2013

A REESTRUCTURACIÓN DE NOVAGALICIA BANCO PODE AFECTAR A 30 SUCURSAIS DA ZONA PONTEVEDRA-AROUSA








Os sindicatos denuncian que ata o 51% das oficinas de Novagalicia Banco poderían estar afectadas pola reestruturación que planea a entidade.
Nun documento difundido entre o plantel, os representantes dos traballadores sinalan a todas as oficinas que cumprirían os criterios establecidos pola dirección para poder ser elixidas para un peche ou concentración. De toda esa lista, ata 32 sucursais corresponden a Pontevedra, Vilagarcía e as súas bisbarras.
Na capital 11 son as oficinas sinaladas: José Malvar, Cruz Vermella, Ponte Bolera, Valentín García Escudero, Loureiro Crespo, Juan Bautista Andrade, Eduardo Pondal e as sucursais dos barrios de Monte Porreiro e Estribela, ademais das dúas dedicadas á atención de empresas.
Na bisbarra estarían afectadas Combarro, Campelo, Raxó, dous en Poio, unha delas na rúa Ramón Cabanillas, Seixo, A Lama, Meaño, Mosteiro, Vilaboa, Ponte Arnelas, Dena, Beluso, Portas, Moraña e Campo Lameiro.
Pola súa banda, en Vilagarcía están incluídas as oficinas de As Carolinas e Dr. Tourón ademais das sucursais de Vilaxóan e Catoira.

Novagalicia Banco negocia estes días cos sindicatos un novo Expediente de Regulación de Emprego que afectaría a 2.508 traballadores segundo o plantexamento inicial da empresa.Os sindicatos, que recalcan que todo o persoal podería verse afectado pola reestruturación, convocaron para este mércores 6 de febreiro unha xornada de folga en Novagalicia Banco, con manifestacións en seis cidades galegas. En Pontevedra, a protesta arrancará ás 12:00 horas dende a oficina de Bankia, que tamén se suma á convocatoria, na rúa Rosalía de Castro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.