Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de febrero de 2013

A DEPUTACION SACA A LICITACION A COMPRA DE DESFIBRILADORES




Hai uns dias falábamos da necesidade de dotar aos campos de fútbol, pavillóns e instalacións deportivas da provincia de desfibriladores para combater posibles casos de problemas cardiorespiratorios ou as temidas mortes súbitas no deporte.


A Deputación acordou sacar a licitación pública a adquisición de 80 desfribiladores semiautomáticos externos para 38 concellos pontevedreses coa intención de instalalos en complexos deportivos cunha alta frecuencia de uso.
Cun presuposto de 104.000 euros, a razón de 1.181 euros sen IVE por cada aparato, o organismo provincial financiará a metade do custo de cada desfibrilador, podendo contar cada concello con máis dun en función das instalacións existentes.
Na zona Pontevedra-Arousa veranse beneficiados da medida Barro (1); Cotobade (1), no pavillón de Tenorio; Poio (2), no campo da Reiboa e no pavillón da Seca; Ponte Caldelas (1); Vilaboa (3), no Campo do Cura, Campo do Cabalo e no Chan do Vilar; Marín (3), no campo de San Pedro e os pavillóns da Raña e A Cañota; Cuntis (1); Moraña (1); O Grove (3), para o Monte da Vila, Lampáns e o Pavillón Municipal; Meis(1); Sanxenxo (1) nas piscinas municipais; Ribadumia (2), nos campos de Barrantes e Ribadumia; Illa de Arousa (2) e Catoira (2), quedando fora vilas coma Cambados, Vilagarcía ou Caldas. Agardando que no futuro sexan beneficiadas noutra rolda.
A compra dos desfibrilador leva ligado un curso de formación para o persoal non médicoque os vaia utilizar en cada instalción.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.